martes, 8 de octubre de 2013

DEFINICIÓNS CREATIVAS!!!

Aparatoso: 1. aparato formado con todos os órganos da barriga dos osos. 2. aparato moi mafioso. 3. moble que tose moito. 4. mono que leva aparato. 5. aparato para persoas sosas. 6. aparato luminoso. 7. aparato que fai osos. 8. aparato que imita o son dos osos.

Salchichón: 1. ferida grande e ancha que se cura coa sal. 2. salchicha moi salgada e grande. 3. chichón salgado. 4. sal que se aplica nun croque. 

Pistilo: 1. fío que cheira a pis. 2. pranta aromática apestosa. 5. arte de facer pis con estilo.

Monopatín: 1. patín que ten forma de mono. 2. mono que vai en monopatín. 3. persoa que monta en patín cun mono. 4. patín dun mono.

Donaire: 1. señor que dona o aire. 2. o dono do aire. 3. home cuxo poder é mover o aire. 4. persoa que se dá moitos aires a si mesma. 5. señor que viaxa polo aire. 6. señor que se peitea do lado do que sopre o aire.

Canapé: 1. cana que che sae no pé. 2. trampa que engancha ás presas nun pé. 3. can que anda a pé.