miércoles, 11 de septiembre de 2013

Benvidos e benvidas a un novo curso

Ola compañeiros e compañeiras!

Só quería darvos a benvida a un novo curso no que contamos con novidades. Contamos con novos compañeiros ós que temos que facer que se sintan como se levasen toda a súa vida no noso cole.
Botaremos de menos a Paola e a Anxo. Esperamos ter noticias deles moi pronto.

Como xa vos dixemos, para estes días non fan falta libros. Só tendes que lembravos de traer o estoxo con todo o material (lapis, goma, celo, pegamento, ceras ou lapis de cores,...), periódico e material para decorar (papel pinocho, folios de cores,...).

Un saúdo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario