martes, 19 de noviembre de 2013

PROFES POR UNHA HORA


Hoxe en Matemáticas, os alumnos e alumnas de 6ºB convertíronse en profes por unha hora. Eles foron os responsables de ensinarlle ós alumnos e alumnas de 6ºA o que entenderan que era o mínimo común múltiplo.

Un dos obxectivos desta actividade era reforzar o concepto nos alumnos e alumnas que xa recibiran a explicación por parte da profesora, xa que cando llo tiveron que ensinar ós seus compañeiros e compañeiras resolveron as dúbidas que eles mesmos tiñan, intentaron buscar diferentes formas de transmitir o que eles aprenderan e buscaron diversos camiños para correxir os erros que ían cometendo os seus "alumnos e alumnas".

Por outro lado, os compañeiros de 6ºA aprenderon a recibir unha ensinanza por parte dos seus propios compañeiros, escoitaron ós seus iguais e prestaron atención ós seus contemporáneos xa que foron capaces de empatizar (pórse no lugar da persoa que estaba intentando explicarlles un concepto novo).

Estou moi contenta pola súa implicación nesta actividade diferente para eles.

Aquí vos deixo algunhas fotos.
















1 comentario:

  1. Me ha gustado mucho esta entrada y también la actividad.

    ResponderEliminar